Aviso Legal e Privacidade

1. Titular do Sitio Web

Denominación e datos de inscrición: MUTUA GALLEGA, MUTUA COLABORADORA COA SEGURIDADE SOCIAL Nº 201 (en diante, mutua gallega), inscrita no Rexistro correspondente de mutuas colaboradoras coa Seguridade Social, dependente da Secretaría Xeral da Seguridade Social.

CIF: G - 15. 009.558.

Domicilio: Rúa Otero Pedraio, 17, A Corveira - Vilaboa, 15174 de Culleredo (A Coruña - España)

Autorizacións administrativas previas para o exercicio da actividade: As correspondentes autorizacións sanitarias para o exercicio da actividade de cada centro asistencial, figuran indicadas na “Rede de Centros” desta web. Así mesmo, poden ser consultadas nas distintas web dos Servizos Públicos de Saúde de cada Comunidade Autónoma.

Contacto:

Teléfono: (+34) 981665111 Fax: 981 66 43 16

Enderezo de correo electrónico: mutuagallega@mutuagallega.es

2. Política de privacidade e protección de datos

Exercicio de dereitos: Os proporcionados mediante calquera formulario electrónico que apareza neste sitio web ou outros portais ou servizos vinculados a esta, así como aqueles datos aos que mutua gallega puidese acceder como consecuencia da navegación dos usuarios, serán recollidos nun ou varios ficheiros titularidade daquela, ante a que poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixindo unha solicitude asinada por escrito ao enderezo indicado ou ao enderezo de correo electrónico lopd@mutuagallega.es incluíndo en ambos os dous casos copia do seu DNI ou outro documento identificativo equivalente.

Finalidades do tratamento: Con carácter xeral, os datos de carácter persoal que nos proporcione serán utilizados para atender as súas solicitudes e consultas, facilitarlle información sobre servizos, actividades ou eventos organizados ou xestionados por mutua gallega e posibilitarlle o uso das ferramentas colaborativas que poñemos ao seu dispor. Determinados servizos prestados a través da web poden conter previsións específicas en materia de protección de datos persoais, e son as finalidades de recollida dos seus datos as que particularmente se indiquen no formulario correspondente, polo que será indispensable a súa lectura e aceptación con carácter previo á solicitude do servizo de que se trate. Se non se cobren os campos obrigatorios que aparecen nos formularios poderá ter como consecuencia que mutua gallega non poida atender a súa solicitude. En caso de que a través dos citados formularios ou outras funcionalidades da páxina, nos facilite datos de carácter persoal de terceiros, antes da súa inclusión deberá informar a estes dos extremos establecidos nos parágrafos anteriores e absterase de incluílos se non obtén o seu consentimento.

Teléfonos, enderezos electrónicos de contacto e funcionalidades análogas: a finalidade de tratamento dos datos solicitados a través destes medios será a de atender as consultas, solicitudes de información e soporte que nos poida presentar o usuario e enviarlle información sobre os servizos e actividades de mutua gallega que poida ser do seu interese mesmo a través de medios electrónicos.

Navegación web (cookies): A través da páxina web de mutua gallega non se recolle ningún dato persoal sen o coñecemento dos usuarios. Esta páxina non rexistra enderezos IP e unicamente pode utilizar cookies (pequenos ficheiros de datos que se xeran no ordenador do usuario) coa finalidade de posibilitar os elementos de seguridade que interveñen no control de acceso ás áreas restrinxidas e da navegación en xeral. Adicionalmente, mutua gallega pode ter presenza en portais e servizos de terceiros que instalan cookies aos seus visitantes, aínda que non se trate de usuarios rexistrados:

mutua gallega en Facebook. Cookies: datr, reg_fb_gate y reg_fb_ref. As súas finalidades están descritas na Páxina de Cookies de Facebook.

mutua gallega en Twitter. Cookies: guest_id, __utma, __utmb, __utmc, __utmz, original_referer e _twitter_sess. As súas finalidades están descritas na Páxina de Privacidade de Twitter.

mutua gallega en Linkedin: entre outras pode instalar as seguintes Cookies: bscookie, bcookie e lidc. As súas finalidades están descritas na Política de Cookies de Linkedin.

Datos de menores: para poder ser usuario activo desta web é necesario ter polo menos 18 anos. En caso de dúbida sobre a idade dun usuario, mutua gallega poderá solicitar a súa verificación a través de calquera medio válido en dereito.

Xestión do currículo: A través desta páxina web facilítaselles aos usuarios de forma directa a posibilidade de incorporar os seus datos a unha bolsa de emprego e de remitir o seu currículo a través dunha conta de correo electrónico. En caso de que nos faga chegar os seus datos por calquera medio con esa finalidade, informámolo de que mutua gallega poderá incluílos nos seus ficheiros para xestionar a súa participación nos diferentes procesos de selección de persoal e enviarlle información sobre estes mesmo a través de medios electrónicos.

Procedementos de contratación pública: Os datos persoais que se faciliten para a participación nos procedementos de contratación pública de mutua gallega incorporaranse tamén nun ou varios ficheiros da súa titularidade coa finalidade de tramitar os devanditos procedementos, e poderán ser comunicados a Diarios Oficiais, administracións públicas competentes e ser difundidos a través desta páxina para darlle a publicidade necesaria ao procedemento. En caso de que os licitantes facilitasen datos de terceiros, antes da súa inclusión deberán informar os seus titulares dos extremos establecidos nos parágrafos anteriores.

mutua gallega comprométese a tratar de forma absolutamente confidencial os datos de carácter persoal dos usuarios desta web, facendo uso deles exclusivamente para as finalidades indicadas, e informarlles que ten implantadas as medidas de seguridade de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos seus datos e evitar a súa alteración, perda, tratamento e/ou acceso non autorizado, habida conta do estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos, xa proveñan da acción humana ou do medio físico ou natural, de conformidade co previsto no artigo 9 da LOPD e no seu Regulamento de desenvolvemento aprobado polo Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro.

3. Condicións xerais de uso da páxina web

As presentes condicións regulan o uso do servizo do sitio web en www.mutuagallega.es e os portais ou servizos vinculados a esta, que mutua gallega pon a dispor dos usuarios da Internet. O acceso ao sitio web por parte dos usuarios ten carácter libre e gratuíto. Non obstante, algúns dos servizos e contidos ofrecidos pola mutua poden estar restrinxidos a mutualistas ou terceiros colaboradores, ou estar suxeitos a unha contratación previa.

A utilización desta páxina web atribúelle a condición de usuario desta e supón a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas no presente Aviso Legal na versión publicada no momento en que o usuario acceda a ela, así como da nosa política de privacidade e tratamento de datos persoais, sen prexuízo daquelas condicións particulares que se puidese aplicar a algúns dos servizos concretos ofrecidos a través do sitio web. mutua gallega resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso a esta web en calquera momento e sen necesidade de preaviso, a aqueles usuarios que incumpran as presentes disposicións xerais así como as particulares que resulten de aplicación.

Algúns servizos ofrecidos a través da presente web, así como a través das redes sociais asociadas poden conter artigos, noticias, comentarios ou valoracións sobre diferentes temas que mutua gallega poida considerar do seu interese, e cuxo contido reflicte unicamente a opinión ou criterio dos seus autores.

4. Exención de responsabilidade

mutua gallega non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento da web e/ou dos seus servizos ou contido, nin que este se atope actualizado. Non obstante, cando iso sexa razoablemente posible, advertirase previamente das interrupcións no funcionamento da páxina web e dos servizos que nela se ofrecen. Tanto o acceso á web como o uso que se poida facer da información que esta contén é da exclusiva responsabilidade de quen o realiza.

mutua gallega resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións dos servizos e da información contida na súa web ou na configuración e presentación destes. Co obxecto de manter actualizada a información publicada, os contidos desta poderán ser modificados, corrixidos, eliminados ou engadidos en calquera momento, polo que será conveniente comprobar a súa vixencia ou exactitude acudindo ás fontes oficiais. Neste contexto, mutua gallega declina calquera responsabilidade nos posibles danos e prexuízos de toda natureza que se poidan deber á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento da web e dos seus servizos. mutua gallega non se fai responsable da información e contidos almacenados, a título enunciativo pero non limitativo, en foros, chats, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente na páxina web da mutua. Tanto o acceso á web, como o uso que se poida facer da información que contén, é da exclusiva responsabilidade de quen o realiza.

mutua gallega non se responsabilizará, nin directa nin indirectamente, dos danos e prexuízos de calquera natureza que se poidan producir ao sistema informático do usuario (tanto hardware como software), ou aos documentos almacenados nel, como consecuencia do acceso do usuario a este sitio web, debidos a virus informáticos, avarías, ou causas alleas a mutua gallega. Tampouco será responsable da utilización da información contida no sitio web, así como da falta de veracidade ou exactitude do seu contido.

Os usuarios serán os únicos responsables da realidade de todos os datos que comuniquen a través do sitio web ou redes sociais asociadas, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial das claves que se lles poidan facilitar por mutua gallega para o acceso a determinados servizos. En consecuencia, os usuarios son responsables da adecuada custodia e confidencialidade de calquera identificador e/ou contrasinal que les sexa subministrado por mutua gallega e obríganse a non ceder o seu uso a terceiros nin a permitir o seu acceso a persas alleas, notificando de forma inmediata a mutua gallega calquera incidencia que poida supor o uso indebido dos referidos identificadores (roubos, extravíos…) co fin de proceder á súa cancelación. Mentres non se comuniquen tales feitos mutua gallega quedará eximida de calquera responsabilidade que se poida derivar do uso indebido dos identificadores ou contrasinais por terceiros non autorizados.

mutua gallega poderá permitir o acceso mediante ligazóns, a outras páxinas web que consideramos que poden ser do seu interese, co único obxectivo de facilitar a busca de recursos a través da internet, é dicir, con finalidade meramente informativa sen que en ningún caso supoña suxestión, invitación ou recomendación sobre estes. As devanditas páxinas non pertencen a mutua gallega nin facemos revisión dos seus contidos, polo que non nos responsabilizamos da calidade, exactitude ou veracidade destes ou do funcionamento da páxina enlazada, nin dos posibles danos que se poidan derivar do seu acceso ou uso.

5. Condicións xerais de uso das redes sociais e demais ferramentas colaborativas

A participación do usuario nas redes sociais ás que estea vinculado este sitio web ou en calquera outro servizo ofrecido por este, implica a adhesión plena e sen reservas ás presentes condicións, reservándose mutua gallega o dereito a denegar ou retirar o seu acceso de oficio ou a instancia dun terceiro, sen necesidade de preaviso, a aqueles usuarios que incumpran as ditas condicións. As redes sociais e demais servizos pretenden ser unha ferramenta dixital gratuíta, que mutua gallega pon a disposición dos visitantes da súa web, para a difusión de información relacionada coa súa actividade, e que poden permitir a inclusión de valoracións e comentarios relativos aos seus contidos. Debido á finalidade propia das devanditas ferramentas, aqueles contidos que non se axusten ás temáticas propostas poderán ser moderados, bloqueados ou eliminados. Así mesmo, retirarase calquera comentario ofensivo, violento, discriminatorio, ou que puidese perturbar o funcionamento normal da ferramenta. En especial, prohíbese a publicación de promocións e ligazóns a ofertas comerciais, así como a captación de datos con finalidade publicitaria. Se un usuario se vise afectado por actuacións ilegais ou que contraveñan as presentes condicións, ou detecte un mal uso das ferramentas dixitais da web por parte doutros usuarios, poderá poñelo en coñecemento de mutua gallega a través dos formularios de contacto, para que esta os poida moderar ou eliminar. En calquera caso, mutua gallega non se responsabiliza dos comentarios incluídos polos usuarios que unicamente expresan a opinión do seu autor. En atención á normativa en materia de protección de datos, previamente a dar difusión a través destas ferramentas a datos de carácter persoal de terceiros, especialmente información fotográfica ou audiovisual, deberá contar co consentimento dos seus titulares, absténdose de incluír a referida información en caso contrario. En calquera caso, recoméndase aos usuarios ter especial coidado á hora de publicar os ditos contidos, para evitar poñer en risco a privacidade e intimidade de persoas da súa contorna, así como non publicar información de contacto físico, que permita a calquera persoa coñecer onde vive, onde traballa ou estuda diariamente, ou os lugares de lecer que adoita frecuentar. Así mesmo, os usuarios deberán utilizar e publicar unicamente contidos respecto dos que conten cos dereitos de propiedade intelectual suficientes.

6. Propiedade intelectual

Todo o contido dispoñible na web (texto, gráficos, logotipos, iconos, imaxes, clips de audio, recompilacións de datos e software, marcas, nomes comerciais, etc.) é propiedade de mutua gallega e/ou está lexitimamente explotado segundo acordos ou licenzas de uso, e está protexido polas leis de Propiedade Intelectual e Industrial, polo que non se permite a reprodución e/ou publicación, total ou parcial da web, nin o seu tratamento informático, a súa distribución, a súa comunicación pública, nin a súa modificación ou transformación, sen o permiso previo e por escrito. O usuario, única e exclusivamente, pode utilizar o material que apareza nesta web para o seu uso particular e persoal, polo que queda prohibido o seu uso con fins comerciais ou para incorrer en actividades contrarias á lei. O usuario obrígase a usar a páxina web de forma dilixente, correcta e lícita e, en particular, comprométese a absterse de:

• A realización de “framings” ou a utilización por parte de terceiros de calquera outro mecanismo que altere o deseño, configuración orixinal ou contidos da web.

• Suprimir, eludir ou manipular datos de rexistro, marcas e demais datos identificativos dos dereitos de mutua gallega ou dos seus titulares, incorporados aos contidos e/ou recursos accesibles dende a web, así como os dispositivos técnicos de protección ou calquera mecanismo de información que puidesen conter.

• Empregar os contidos e, en particular, a información de mutua gallega obtida a través da nosa páxina web para remitir publicidade, comunicacións con fins de venda directa ou con calquera outra clase de finalidade comercial, ou mensaxes non solicitadas dirixidas a unha pluralidade de persoas.

• En xeral, utilizar os contidos de xeito, con fins ou efectos contrarios á lei, á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública.

• Usar, reproducir ou copiar, distribuír, comunicar publicamente, transformar ou levar a cabo calquera outra actividade similar ou análoga sobre os contidos da web sen que medie previa e expresa autorización de mutua gallega.

mutua gallega autoriza a reprodución total ou parcial dos textos e contidos proporcionados na web, sempre que concorran todas e cada unha das seguintes condicións:

• Se manteña a integridade dos contidos, documentos ou gráficos.

• Se cite expresamente a mutua gallega como fonte e orixe daqueles.

• O propósito e a finalidade de tal uso sexa compatible cos fins da web e/ou a actividade de mutua gallega.

• Non se pretenda un uso comercial, quedando expresamente prohibidas a súa distribución, comunicación pública, transformación ou descompilación.

Calquera outro uso, terá que ser comunicado e autorizado por mutua gallega, previa e expresamente.

As ligazóns á web de mutua gallega deberán respectar as seguintes condicións:

• O establecemento do enlace non suporá ningún tipo de acordo, contrato, patrocinio nin recomendación por parte de mutua gallega da páxina que realiza a ligazón.

• A páxina web na que se estableza o hiperenlace non conterá informacións con contidos que sexan ilícitos, discriminatorios, contrarios aos principios éticos comunmente aceptados ou atenten contra a orde pública, así como tampouco conterá contidos contrarios a ningún dereito de terceiros.

mutua gallega poderá solicitar que se retire un enlace á súa web, sen necesidade de alegar ningunha causa. En tal caso, a páxina que realizase o enlace deberá proceder á súa inmediata supresión, tan axiña como reciba a correspondente notificación.

mutua gallega non se responsabiliza de ningún xeito nin garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade de contidos o servizos que o establecemento do hiperenlace poida ofrecer. O usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que se puidesen derivar do acceso á páxina web do hiperenlace.

• A páxina web na que se estableza o hiperenlace non poderá conter marca, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes a mutua gallega, agás aqueles signos que formen parte do mesmo hiperenlace.

7. Lexislación e Xurisdición

As cuestións relacionadas co uso desta web ou os seus contidos rexeranse e serán interpretadas consonte as presentes condicións de uso e a lexislación española, someténdose as partes, agás nos casos en que non estea legalmente permitido, á xurisdición dos Xulgados e Tribunais da cidade da Coruña (España), con renuncia de forma expresa a calquera outro foro que lles puidese corresponder.

Utilizamos cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento de la web y para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí. | OK