AXUDÁMOSTE A PROTEXER A TÚA PEL

O 13 de Xuño celébrase o Día Europeo da Prevención contra o Cancro de pel.

É un dos cancros que máis facilmente poden evitarse tomando unhas precaucións básicas. Debido a que os seus signos poden verse precozmente, pódese detectar nunha fase moi temperá. O principal factor de risco é a exposición aos raios UV, ou raios do sol. Na nosa web tedes á vosa disposición unha guía preventiva de boas prácticas en materia de protección solar.

Para previr o cancro de pel recoméndase non tomar o sol entre as 12 e as 16 h. no verán, non permanecer baixo o sol durante longos períodos de tempo, protexerse con cremas solares de alto factor de protección, usar lentes de sol, antucas e roupa para protexerse do sol, beber auga con frecuencia para hidratar a pel, moderar ou evitar as sesións de solárium e acudir ao dermatólogo ante calquera signo de alerta.

Concretamente hai que vixía marcas na pel que cambiaron de cor, tamaño ou forma, son diferentes do resto, son asimétricas ou teñen bordos irregulares, teñen un tamaño superior a 6 mm, teñen un tacto áspero ou escamoso, teñen varias cores, pican, sangran, teñen unha superficie brillante, parecen un ferida pero non cicatrizan.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome:
  • Email:
  • Opinión:
  • Ningún comentario dispoñible.

Utilizamos cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento de la web y para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí. | OK