MUTUA GALLEGA FIRMA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CON HM HOSPITALES EN SANTIAGO

A través do acordo, Mutua Gallega garante un servizo de calidade ás persoas protexidas da cidade de Santiago e a súa área de influencia, que ascende a unhas 35.000. Os hospitais HM Rosaleda e HM La Esperanza ampliarán e reforzarán os servizos que presta Mutua Gallega nos seus centros da Delegación de Santiago.

Mutua Gallega e HM Hospitales acaban de firmar un acordo de colaboración polo que as instalacións médicas que o Grupo sanitario posúe en Santiago serán a referencia para proporcionar servizos asistenciais á poboación protexida de Compostela e a súa área de influencia, a cal ascende a unhas 35.000 persoas.

A firma deste acordo é o resultado do procedemento de licitación pública realizado pola mutua e do que foron adxudicatarios os hospitais HM Rosaleda e HM La Esperanza. O mesmo terá unha vixencia de dous anos, prorrogables outros dous. Javier Flórez Arias, Director Xerente, e Laura Rosa San José, Directora Médica de Continxencias Profesionais de Mutua Gallega, trasladáronse ata o Hospital HM Rosaleda de Santaigo para a rúbrica do convenio, co que se garante e amplía a prestación de servizos asistenciais aos mutualistas desta zona xeográfica. Por parte da entidade hospitalaria, asistiron ao acto Ramón Cobián, Director Territorial de HM Hospitales en Galicia, e a Dra. Pilar Múgica, Directora Médico Territorial de HM Hospitales en Galicia.

Para Javier Flórez, “este convenio permítenos mellorar a calidade asistencia para os nosos mutualistas e tamén os estándares de calidade que nos temos marcado no plan estratéxico que acaba de empezar este ano. O noso obxectivo é camiñar cara a excelencia e esta está máis preto despois de alcanzar este acordo con HM Hospitales”.

Pola súa parte, Ramón Cobián manifestou que “para HM Hospitales, o acordo coa Mutua Gallega supón dar un paso máis para proporcionar aos pacientes uns servizos asistenciais de máxima calidade e de mostrar o noso compromiso con Santiago de Compostela en particular e con Galicia en xeneral”.

A través deste concerto, os centros de HM Hospitales en Santiago complementarán e reforzarán os servizos de asistencia sanitaria que ofrece Mutua Gallega nas súas instalacións no polígono do Tambre, así como no seu centro asistencial de Boiro, que se enmarcan dentro das prestacións previstas na cobertura das mutuas colaboradoras coa Seguridade Social.

Os mutualistas contarán cos seguintes servizos nos hospitais HM Rosaleda e HM La Esperanza:

- Urxencias hospitalarias as 24 horas
- Ingresos hospitalarios nas diferentes especialidades
- Consultas e intervencións cirúrxicas polos especialistas do hospital en Cirurxía Plástica, Neurocirurxía, Traumatoloxía, Otorrinolaringoloxía, Cirurxía Vascular, Medicina Interna, Anestesia e Cirurxía Xeneral, así como outras especialidades.
- Posta a disposición dos quirófanos e dos seus servizos complementarios para a realización de cirurxías polo equipo de Traumatoloxía de Mutua Gallega.

A través deste acordo, Mutua Gallega garante a calidade asistencial das súas prestacións ao poñer a disposición dos seus asegurados e dos servizos médicos da mutua os equipos de resonancias magnéticas de alto campo, TAC multicorte, ecografía dixital, radioloxía convencional ou electromiografía, entre outros, dos hospitais HM Rosaleda e HM La Esperanza.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome:
  • Email:
  • Opinión:
  • Ningún comentario dispoñible.

Utilizamos cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento de la web y para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí. | OK