Está vostede en:Empresas / Bonus / Bonus "Campaña 2016"

Bonus "Campaña 2016"

CAMPAÑA BONUS 2016

As empresas que contribuísen eficazmente á diminución da sinistralidade, con investimentos cuantificables en prevención de riscos laborais e coa realización de actuacións efectivas na prevención do accidente de traballo e a enfermidade profesional, presentarán en 2016 a solicitude ao sistema de incentivos (Bonus) de redución das cotizacións por continxencias profesionais, correspondentes ao exercicio 2015.


CAL É O VOLUME MÍNIMO DE COTIZACIÓN POR CONTINXENCIAS PROFESIONAIS E O PERÍODO DE OBSERVACIÓN NA CAMPAÑA BONUS 2016?

Na campaña "Bonus 2016", o período de observación pode ser:
  • Un ano, o 2015, para as empresas que superen 5.000 € de volume de cotización por continxencias profesionais no exercicio 2015 e presentasen solicitude na campaña pasada. Tamén para as empresas que, superado os 5.000 € de volume de cotización no exercicio 2015, non presentasen solicitude na campaña anterior, malia superar o volume de cotización dos 5.000 € en períodos de observación precedentes.
     
  • Dous anos, o 2014 e o 2015, para as empresas que superasen os 5.000 € na suma dos exercicios (2014 + 2015), sempre e cando no exercicio 2014 non se superasen os 5.000 € e non formase parte dunha solicitude anterior.
     
  • Tres anos, o 2013, 2014 e 2015, para as empresas que superasen 5.000 € de volume de cotización por continxencias profesionais na suma dos exercicios (2013 + 2014 + 2015), sempre e cando os exercicios 2013 e 2014 non formasen parte dunha solicitude anterior, nin se alcanzasen os 5.000 euros de cotización sumando os exercicios (2013 + 2014).
     
  • Catro anos, o 2012, 2013, 2014 e 2015, para as empresas que só superen os 5.000 € de volume de cotización por continxencias profesionais, sumando os catro exercicios á vez (2012 + 2013 + 2014 + 2015) e sempre que os exercicios 2012+2013+2014 non formen parte dunha solicitude anterior e non superasen os 5.000 € entre os tres.
     
  • Catro anos, o 2012, 2013, 2014 e 2015, para as empresas que aínda que non superen os 5.000 € de volume de cotización por continxencias profesionais, sumando os catro exercicios á vez (2012 + 2013 + 2014 + 2015), cotizasen como mínimo 250 € nese período de tempo e sempre que os exercicios 2012+2013+2014 non formen parte dunha solicitude anterior. (Pequenas empresas beneficiarias).

Para as empresas que unha vez alcanzado o volume mínimo de cotización non soliciten o incentivo no exercicio correspondente, comezará a computarse un novo período de observación.


REQUISITOS NECESARIOS PARA SOLICITAR O INCENTIVO

Poden solicitar o incentivo todas as empresas2 que coticen á Seguridade Social por continxencias profesionais e que reúnan, especificamente, os seguintes requisitos:
 
  1. Ter realizado investimentos en instalacións, procesos ou equipos en materia de prevención de riscos laborais que poidan contribuír á eliminación ou diminución de riscos, durante o período de observación.
     
  2. Ter cotizado á Seguridade Social durante o período de observación cun volume total de cotas por continxencias profesionais superior a 5.000 €.
     
  3. Non superar no período de observación os límites dos índices de sinistralidade xeral e sinistralidade extrema correspondentes á campaña "Bonus 2016", publicados na  Orde ESS/70/2016, do 29 de xaneiro. Do cómputo da sinistralidade laboral, excluiranse os accidentes in itinere.
     
  4. Encontrarse ao corrente no cumprimento de obrigas en materia de cotizacións á Seguridade Social. (Esta situación debe manterse durante todo o período de solicitude, é dicir, ata o 15 de maio).
     
  5. Non ser sancionada por resolución firme en vía administrativa no período de observación pola comisión de infraccións moi graves ou de infraccións graves de forma reiterada (enténdese que existe reiteración a partir de dúas infraccións graves no período de observación), en materia de prevención de riscos laborais ou de Seguridade Social.
     
  6. Acreditar o cumprimento dos requisitos básicos en materia de prevención de riscos laborais -mediante a autodeclaración sobre actividades preventivas e sobre a existencia de representación dos traballadores en materia de prevención de riscos laborais, que deberá estar conformada polos delegados de prevención.
     
  7. Ademais dos requisitos preventivos básicos do parágrafo anterior, a empresa deberá acreditar tamén o desenvolvemento ou a realización, durante o período de observación, de polo menos dúas das seguintes accións:
  • Incorporación ao cadro de persoal de recursos preventivos propios (aínda que non estea legalmente obrigada) ou ampliación dos existentes.
  • Realización de auditorías externas do sistema preventivo da empresa, cando esta non estea legalmente obrigada a isto.
  • Existencia de plans de mobilidade vial na empresa como medida para previr os accidentes de traballo en misión e os accidentes in itinere.
  • Acreditación da diminución da porcentaxe de traballadores da empresa ou centro de traballo expostos a riscos de enfermidade profesional.
  • Certificado de calidade da organización e funcionamento do sistema de prevención de riscos laborais, expedido por unha entidade ou organismo debidamente acreditado pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC).

Aquelas empresas cuxa cotización por continxencia profesional no período de observación se atope entre 250 e 5.000 € (pequenas empresas beneficiarias), ademais de cumprir os requisitos 1, 3, 4, 5 e 6 citados anteriormente, deben acreditar tamén polo menos unha das seguintes accións:
  • Asunción polo empresario da actividade preventiva ou designación de traballadores da empresa que asuman a devandita actividade.
  • Obtención, polo empresario ou os traballadores designados que vaian asumir as tarefas preventivas, de formación real e efectiva en materia de prevención de riscos laborais.

2 Considérase como empresa o conxunto de todos os códigos de conta cotización que correspondan ao mesmo NIF e teñan o mesmo código de actividade (CNAE) para os efectos de cotización por accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

NOTA: Dadas as dificultades para identificar os sinistros e asignalos a unha empresa ou outra, as empresas deberanlle facer saber a Mutua Gallega os casos nos que teñan traballadores pluriempregados e algún deles tivese un accidente noutra empresa.


CAL É A CONTÍA DO INCENTIVO?

Para as empresas que soliciten o incentivo este ano por primeira vez, a contía deste poderá acadar ata o 5% do importe das cotas por continxencias profesionais correspondentes ao período de observación. En próximas campañas, e se cumpre os índices de sinistralidade e co resto de requisitos, a contía do incentivo pode chegar ata o 10% das cotas por continxencias profesionais, se os períodos de observación son consecutivos e no inmediatamente anterior se percibiu o incentivo.

Para empresas que solicitasen o incentivo o pasado ano e reciban unha resolución favorable, este ano a contía do incentivo pode alcanzar ata o 10% do importe das cotas por continxencias profesionais.

No caso de empresas que non alcanzasen un volume total de cotización por continxencias profesionais maior de 250 € e non supere os 5.000 €, no período de observación (pequenas empresas beneficiarias), o incentivo poderá alcanzar como límite máximo 250 € para o primeiro período de observación, que se elevará a 500 € no segundo período e seguintes, sempre que no inmediatamente anterior se percibise o incentivo.

En calquera caso, a contía ten como límite o importe dos investimentos efectuados pola empresa en instalacións, procesos ou equipos en materia de prevención de riscos laborais.


ONDE E CANDO SE SOLICITA O INCENTIVO?

As empresas asociadas a Mutua Gallega que cumpran todos os requisitos e desexen optar ao incentivo deberán presentar, dende o 1 de abril ata o 15 de maio, en calquera centro de Mutua Gallega, a seguinte documentación:
 
  • Formulario de Solicitude de incentivos. (Descárguea aquí)
  • Certificado e Autodeclaración do empresario. (Descárguea aquí)
  • Certificado e Autodeclaración do empresario para pequenas empresas beneficiarias. (Descárguea aquí)
  • Xustificación documental dos investimentos. (Descargar aquí)
  • Anexo solicitude para a obtención de incentivos de ampliación de códigos conta de cotización. (Descárguea aquí)
  • Anexo solicitude para a obtención de incentivos de ampliación delegados de prevención. (Descárguea aquí)
  • Documentos acreditativos do investimento en prevención declarada no apartado 1.1 do Certificado e Autodeclaración.- Fotocopia do DNI, pasaporte, carné de conducir, ou o NIE da persoa representante.
  • Documento acreditativo da facultade de representación da empresa.
  • Certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social de estar ao corrente do pagamento (Esta situación debe manterse durante todo o período de solicitude, é dicir, ata o 15 de maio).

Para máis información sobre o sistema de incentivos a empresas, pode poñerse en contacto con Mutua Gallega en:

 


Utilizamos cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento de la web y para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí. | OK