Está vostede en:Empresas / Asóciate

Asóciate

                                            ASÓCIATE CON MUTUA GALLEGA                                           

Se queres asociarte, ou desexas coñecer como podes facelo, a continuación atoparás toda a documentación e os trámites necesarios para realizala.

A túa empresa e traballadores atoparán multitude de vantaxes e beneficios ao asociarse en Mutua Gallega.

En Mutua Gallega coidamos a saúde da súa empresa.

Se desexas que che axudemos a asociarte, cubre este formulario-online e poñerémonos en contacto contigo para proporcionarche a información e axuda que necesites.

Ademais, se o desexas, estamos á túa disposición para resolver calquera dúbida na túa delegación de Mutua Gallega.

  • Existen varias opcións segundo se trate de:
  • Empresa de nova creación.
  • Empresa asociada ao INSS.
  • Empresa asociada a outra Mutua.
  • Reanudación de actividade.
  • Variación de cobertura.

1. Empresa de nova creación

Para asociarte con nós debes cubrir o modelo TA-6 indicando:

  • Cadro 7.1 ‘Datos de Seguridade Social da Empresa’: Mutua Nº 201, MUTUA GALLEGA
  • Cadro 7.2 ‘Entidade coa que cobre a Incapacidade Temporal por Continxencias Comúns’: Marca X no cadro “Mutua” se desexas exercitar esta opción con Mutua Gallega.

Este documento cuberto debe ser entregado na Tesourería Xeral da Seguridade Social, que asignará á empresa un Código de Conta de Cotización e adxudicará a cobertura das Continxencias Profesionais e, se é o caso, as Continxencias Comúns a Mutua Gallega.

 

2. Empresa asociada ao INSS

Cubre os seguintes formularios e entrégaos en Mutua Gallega:

  • Proposta de Asociación a Mutua Gallega:   Proposta de Asociación para os Códigos de Conta de Cotización que cambien a Mutua Gallega.   Anexo á proposta de Asociación, naqueles casos en que se desexe, ademais, cubrir con Mutua Gallega a Incapacidade Temporal por Continxencias Comúns.
  • Solicitude de Baixa dirixida ao INSS: A  solicitude de baixa realízase, como mínimo, cun mes de antelación á data de vencemento (segundo establece o Art. 62.2 do Real decreto 1993/1995 polo que se aproba o Regulamento sobre colaboración das mutuas colaboradoras coa Seguridade Social).
  • Comunicación ao Comité de Empresa ou Delegado de Persoal. Nas empresas onde exista Comité de Empresa ou Delegado de Persoal, débese comunicar a intención do cambio de Mutua cunha antelación mínima de tres meses á data de vencemento do Documento de Asociación vixente.
  • Informe do Comité de Empresa ou Delegado de Persoal. Informe preceptivo e non vinculante sobre a decisión empresarial de cambio de Mutua.

A anterior relación de documentos debe ser entregada na Tesourería Xeral da Seguridade Social, cun prazo de antelación de ata 10 días á data de vencemento para a anotación do cambio de Mutua no Ficheiro Xeral de Afiliación.

 

3. Empresa asociada a outra Mutua

Cubre os seguintes formularios e entrégaos en Mutua Gallega:

A anterior relación de documentos debe ser entregada na Tesourería Xeral da Seguridade Social, cun prazo de antelación de ata 10 días á data de vencemento para a anotación do cambio de Mutua no Ficheiro Xeral de Afiliación.

 

Disposición transitoria primeira. Aplicación dos prazos de vixencia dos convenios de asociación e dos documentos de adhesión.
A aplicación do prazo de vixencia establecido no artigo 72.1.a) da Lei Xeral da Seguridade Social aos convenios de asociación formalizados con anterioridade á entrada en vigor desta lei, realizarase computando, como período de tempo consumido, que transcorrese dende a data de subscrición daquel convenio ata o último día dos dous meses seguintes ao da entrada en vigor desta lei. Non obstante, os convenios de asociación cuxo prazo de vixencia, computado na forma mencionada, supere o establecido no mencionado artigo 72.1.a), finalizarán durante o ano en que se produza a entrada en vigor desta lei, o último día do mes coincidente co da subscrición, agás aqueles cuxa extinción se produza entre o día 1 de xaneiro e os dous meses mencionados, que finalizarán o último día destes.

 

4. Reanudación de Actividade

As empresas que, tras un período sen traballadores, reinicien a súa actividade (ao daren de alta na Seguridade Social un traballador), poden facelo coa mesma Mutua ou cambiar a outra distinta sen esperar ao vencemento do Documento de Asociación.

Para cambiar a Mutua Gallega ao reiniciar a actividade, debes indicalo na solicitude de alta do Código de Conta de Cotización, Modelo TA-7, indicando:

  • Cadro 7.1 ‘Datos de Seguridade Social da Empresa’: Mutua Nº 201, MUTUA GALLEGA
  • Cadro 7.2 ‘Entidade coa que cobre a ‘Incapacidade Temporal por Continxencias Comúns’: Marca X no cadro “Mutua” se desexas exercitar esta opción con Mutua Gallega

O documento debe ser entregado na Tesourería Xeral da Seguridade Social para a anotación do cambio de Mutua no Ficheiro Xeral de Afiliación.

 

5. Variación de Cobertura

Para cubrir a Incapacidade temporal por Continxencias Comúns con nós é preciso cubrir o Modelo de Anexo á proposta de Asociación e remitírnolo, nós encargarémonos de tramitalo na Tesourería Xeral da Seguridade Social.


Utilizamos cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento de la web y para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí. | OK