O NOVO CENTRO DE MUTUA GALLEGA EN BOIRO PERMITIRÁ AUMENTAR E REFORZAR OS SERVIZOS NA COMARCA DE BARBANZA

Os traballos de acondicionamento do novo local comezaron o 4 de decembro e está previsto que finalicen o 2 de febreiro.O futuro emprazamento terá o dobre de espazo e ofrecerá o servizo de Radioloxía. As instalacións están na avenida da Constitución, número 14, a 180 metros do centro actual.

Mutua Gallega marcouse como obxectivo dentro do seu Plan Estratéxico a mellora e rehabilitación de varios dos seus centros, entre os que se atopan o de Boiro.

Coa intención de aumentar e mellorar os servizos na comarca de Barbanza, a entidade decidiu trasladarse a un novo local que permitirá duplicar as súas instalacións e que se atopa a 180 metros do centro actual. A nova dirección de Mutua Gallega en Boiro será avenida da Constitución, número 14.

Os traballos de acondicionamento do novo centro asistencial comezaron o luns 4 de decembro e está previsto que finalicen o 2 de febreiro. Ademais do aumento dos servizos na comarca de Barbanza, na que Mutua Gallega é a única con centro propio, o traslado permitirá incrementar a accesibilidade e a seguridade.

As novas instalacións constan dunha superficie construída de 347 metros cadrados, fronte aos 150 da sede actual, que permitirán incorporar o novo servizo de Radioloxía. O novo centro operará en horario de 08.00 a 20.00 horas e realizará as seguintes tarefas:

1. Atención de Urxencias derivadas de AT/EP
2. Fisioterapia
3. Radioloxía
4. Xestión da prestación económica por incapacidade temporal derivada de continxencias comúns
5. Xestión da prestación económica por risco durante o embarazo e risco durante a lactación
6. Xestión da prestación por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave
7. Consulta de traumatoloxía

Ás novas instalacións trasladarase todo o persoal actual do centro de Boiro: dous médicos, unha enfermeira con formación como Operadora de RX, un fisioterapeuta e dous administrativos de clínica.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome:
  • Email:
  • Opinión:
  • Ningún comentario dispoñible.

Utilizamos cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento de la web y para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí. | OK