Está vostede en:Autónomos / Asóciate

Asóciate

                                           ADHIRETE CON MUTUA GALLEGA                                          

Se queres Adherirte, ou desexas coñecer como podes facelo, a continuación atoparás toda a documentación e os trámites necesarios para realizala.

Como autónomos atoparás multitude de vantaxes e beneficios ao asociarse en Mutua Gallega.


En Mutua Gallega coidamos a saúde da súa empresa
.


Se desexas que che axudemos a asociarte, cubre este formulario-online e poñerémonos en contacto contigo para proporcionarche a información e axuda que necesites.


Ademais, se o desexas, estamos á túa disposición para resolver calquera dúbida na túa delegación de Mutua Gallega.

Existen varias opciones según se trate de:

  • Autónomo que inicia  a súa actividade.
  • Autónomo adherido a outra Mutua/INSS.
  • Variación de cobertura.



1.   Autónomo que inicia a súa actividade

Para formalizar a Adhesión como Traballador Autónomo a Mutua Gallega debes indicar no Modelo TA-052 de solicitude de Alta no Réximen Especial de Traballadores Autónomos, o número “201 – Mutua Gallega” como entidade para cubrir as tuas continxencias.

Solicitude de Alta no Réximen Especial de Traballadores Autónomos (TA0521-1)
Solicitude de Alta no Sistema Especial para Traballadores Agrarios (TA0521-7 Agrario)
Solicitude de Alta como Traballador Autónomo Económicamente Dependente (TA0521-8 TRADE)


2.   Cambio de Mutua ou INSS

Os Traballadores Autónomos protexidos por outra Mutua/INSS que decidan cambiarse a Mutua Gallega deberán solicitar a baixa do seu Documento de Adhesión, respectando forma e prazos establecidos pola Lei (antes do 1 de outubro e con efectos do 1 de xaneiro do ano seguinte) e remitilo a Mutua Gallega para  a súa tramitación. Para iso deberás cubrila e remitírnola Solicitude de Cesamento do Documento de Adhesión.

Respecto dos documentos de adhesión, o prazo de vixencia previsto no artigo 72.1.b) da Lei Xeral da Seguridade Social computarase deducindo o período de tempo consumido dende a data de subscrición do Documento de Adhesión ata a entrada en vigor desta lei. No caso de que, conforme a esta forma de cómputo, os documentos vencesen con anterioridade ao día 1 de xaneiro do seguinte ano ao da entrada en vigor, os traballadores autónomos afectados dispoñerán dun prazo de tres meses a partir da entrada en vigor desta lei para solicitar o cambio de Mutua, que producirá os seus efectos a partir do 1 de xaneiro do seguinte ano.


3.   Variación de Cobertura

Os traballadores autónomos adheridos a Mutua Gallega que queiran variar a súas opcións de cobertura, deben cubrir o Modelo TA-0521 de Variación de datos indicando o cambio de cobertura que queiran realizar e entregalo na Tesourería Xeral da Seguridade Social antes do 1 de outubro, con efectos a 1 de xaneiro seguinte.


Utilizamos cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento de la web y para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí. | OK