Está vostede en:Traballadores / Información Xeral / Dereitos e Obrigacións

Dereitos e Obrigacións

Os dereitos e obrigas que teñen os traballadores e traballadoras en situación de incapacidade temporal son, basicamente, os seguintes.

Son, entre outros, dereitos dos beneficiarios:

1.      Se é traballador por conta allea (e só para o caso de cobertura da prestación económica de Incapacidade Temporal por continxencias comúns), dereito a ser informado, a través dos representantes dos traballadores, da cobertura da prestación coa mutua.

2.      Dereito a percibir a prestación que lle fose recoñecida nos prazos e contías legais.

3.      Dereito á protección dos seus datos persoais e, especialmente, á protección dos datos relativos á súa saúde.

4.      Dereito a un trato correcto e a ser informado en todo momento do estado do seu expediente.

5.      Dereito a que os acordos que emita a mutua llos notifiquen por escrito e de forma motivada, e así mesmo a que nos ditos acordos lle informen dos medios de impugnación contra estes.

Son obrigas dos beneficiarios, entre outras:

1.     Comparecer ás chamadas a recoñecemento médico.

Debe saber que a falta de asistencia inxustificada pode supoñer a extinción da prestación económica

2.     Facilitarlle á entidade colaboradora ou mutua todos os datos médicos necesarios relacionados co proceso.

Debe saber que a omisión de datos necesarios pode constituír unha falta grave.

3.     Ser veraz nas súas manifestacións e achega de documentos.

Debe saber que presentar datos ou documentos falsos; a simulación e a omisión de declaracións legalmente obrigatorias ou outros incumprimentos que poidan ocasionar percepcións fraudulentas está considerado como unha falta moi grave, e ademais das sancións que procedan na orde administrativa, pode supoñer a extinción ou anulación do seu dereito á prestación económica.

4.     Seguir as prescricións dos facultativos encargados da súa asistencia sanitaria, e non poñer en risco a recuperación da saúde por realizar actividades incompatibles co seu estado.

Debe saber que efectuar traballos por conta propia ou allea durante a percepción de prestacións está considerado como falta grave, e pode supoñer a suspensión da prestación económica. Así mesmo, abandonar o tratamento prescrito polos facultativos encargados da súa asistencia sanitaria pode supoñer tamén a suspensión na percepción da prestación económica.


Utilizamos cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento de la web y para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí. | OK