Está vostede en:A nosa Mutua / Coberturas / Autónomo: cesamento de actividade

Autónomo: cesamento de actividade

SISTEMA DE PROTECCIÓN POR CESAMENTO DE ACTIVIDADE DOS TRABALLADORES AUTÓNOMO

Os traballadores autónomos que teñan cuberta a prestación por cesamento de actividade e véxanse obrigados a cesar de forma involuntaria por atoparse nunha das situacións legais descritas pola norma (art. 331 do Real Decreto Lexislativo 8/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social y art. 3 del Real Decreto 1541/2011), pueden solicitar la prestación por cese de actividad en la Mutua Colaboradora con la Seguridad Social con la que tengan cubiertas las contingencias profesionales.

A prestación por cesamento de actividade comprenderá unha prestación económica por cesamento total e involuntario da actividade, -consistente no 70 % da base reguladora media cotizada durante os 12 meses continuados e inmediatamente anteriores ao cesamento de actividade-, e o abono da cotización de Seguridade Social por continxencias comúns ao réxime correspondente, durante a percepción da prestación por cesamento de actividade. A duración da prestación estará en función dos períodos de cotización efectuados dentro dos 48 meses anteriores á situación legal de cesamento de actividade dos que, polo menos 12, deben ser continuados e inmediatamente anteriores á devandita situación de cesamento, consonte a siguinte escala.

Réxime xurídico do sistema específico de protección por cesamento de actividade dos traballadores autónomos

  • Real Decreto Legislativo 8/2015, do 30 de octubre, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeneral da Seguridade Social – Título IV, Capítulo V (Vixencia: 2 de xaneir do 2016)
  • Real Decreto 1541/2011, do 31 de outubro, polo que se desarrolla la Lei 32/2010, do 5 de agosto, pola que se establece un sistema específico de protección por cesamento de actividad dos traballadores autónomos (Vixencia: 2 de novembro do 2011)
  • Lei 31/2015, do 9 de setembro, pola que se modifica e actualiza la normativa en materia de autoemprego e se adoptan medidas de fomento e promoción do traballo autónomo e da Economía Social (Vixencia: 10 outubro 2015)


Poden empezar a cobrar a prestación todos os autónomos que cesen a actividade?

Non, a Lei establece, entre outros requisitos, que para ter dereito á protección por cesamento de actividade é necesario ter cuberto un periodo mínimo de cotización por cesamento de actividade de 12 meses seguidos, polo que só a poderán solicitar e cobrar os autónomos que leven un ano cotizado pola protección por cesamento de actividade.

Originalmente la Lei determinaba que a cobertura era obrigatoria para todos os autónomos que tivesen cubierta a protección por continxencias profesionais, antes e despoís da entrada en vigor (6 de novembro de 2010). A data de inicio da obriga de cotizar pola cobertura da continxencia de cesamento de actividade comezó o día 1 de noviembro de 2010, polo que só os autónomos que nesa data cotizaron polas continxencias profesionais o fixeron tamén pola nova prestación.

A partir do 1 de xanero de 2015, data de entrada en vigor da Lei 35/2014, do 26 de dicembro, pola que se modifica o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, a cobertura por cesamento de actividade é de carácter voluntario.

Cando se pode solicitar a ampliación de cobertura por continxencias profesionais e cesamento de actividade?

Se vostede é un autónomo xa adherido a Mutua Gallega e desexa ampliar as súas coberturas, pasando a cubrir o Cesamento de Actividade deberá encher o modelo TA521 (segundo a actividade debe cubrir o formulario correspondente) e encher o apartado 4.3 “Opción respecto da cobertura das continxencias profesionais [accidentes de traballo e enfermidades profesionais e/ou cesamento de actividade”.

  • TA0521/1 Solicitude Simplificada
  • TA0521/2 Familiar colaborador do titular da explotación
  • TA0521/3 Relixioso/a da Igresia católica
  • TA0521/4 Socios/as de cooperativas de traballo asociado
  • TA0521/5 Socios/as, familiares de socios/as o membros de órganos de administración de sociedades mercantís capitalistas
  • TA0521/6 Socios de comunidades de bens, sociedades civís, colectivas ou comanditarias
  • TA0521/7 Traballadores por conta propia Agrarios
  • TA0521/8 Solicitude Traballadores autónomos económicamente dependentes


Esta documentación deberá presentala na Tesorería Xeral da Seguridade Social ata o 30 de setembro de cada ano, con efectos de aplicación a partir do 1 de xaneiro do año siguinte. Esta opción pódese exercitar anualmente.


Requisitos para o nacemento do derecho á protección

O dereito á protección por cesamento de actividade recoñeceráselle aos traballadores autónomos nos que concorran os requisitos seguintes:

  • Estar afiliados e en situación da alta e ter cuberta a continxencia de cesamento de actividade, no Réximen Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos ou no Réximen Especial dos Traballadores do Mar.
  • Solicitar a baixa no réximen especial correspondente por mor do cesamento de actividade.
  • Ter cuberto o período mínimo de cotización por cesamento de actividade. (12 meses continuados e inmediatamente anteriores á situación de cesamento de actividade).
  • Encontrarse en situación legal de cesamento de actividade.
  • Subscribir o compromiso de actividade ao que se refire o artígo 231 do Real Decreto Lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de la Seguridad Social e acreditar activa dispoñibilidade para a reincorporación ao mercado de trabajo a través das actividades formativas, de orientación profesional e de promoción da actividade emprendedora ás que o poida convocar o Servizo Público de Emprego da correspondente Comunidade Autónoma (ou o Instituto Social da Marina, no caso dos traballadores do Réximen Especial de Traballadores do Mar).
  • Non ter cumprida a idade ordinaria que se esixa en cada caso para causar dereio á pensión contributiva de xubilación, agás que o traballador autónomo non tivese acreditado o período de cotización requirido para iso.
  • Estar ao corrente no pagamento das cotas á Seguridade Social.
  • Cando o traballador autónomo teña un ou máis traballadores ao seu cargo, será requisito previo ao cesamento de actividade o cumprimiento das garantías, obrigas e procedementos regulados na lexislación laboral.


Ónde e cándo se solicita a protección?

Se vostede é un traballador autónomo coas continxencias derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional protexidas en Mutua Gallega reúne todos os requisitos necesarios (Artigo 4. da lei 32/2010), e se atopa na situación legal de cesamento de actividade (artº5 do mesmo texto legal) pode solicitar o recoñecemento do dereito á protección por cesamento de actividade en calquera centro de Mutua Gallega.

O prazo para poder solicitar o recoñecemento da situación legal de cesamento de actividade finaliza o último día do mes seguinte ao que se produciu o cesamento de actividade.

O devandito recoñecemento, daralle dereito á correspondente prestación económica, a partir do primeiro día do mes inmediatamente seguinte a aquel en que se produciu o feito causante do cesamento de actividade, así como ao abono por parte de Mutua Gallega, durante o período que dure a prestación, da cotización de Seguridade Social do traballador autónomo por continxencias comúns.

En caso de que presente a solicitude unha vez transcorrido o prazo fixado, descontaranse do período de percepción da prestación económica os días que medien entre a data en que rematou o prazo e a data en que la presentou.

Documentación que debe presentar

Para poder solicitar a prestación de cesamento de actividade dos traballadores autónomos, debe cubrir o formulario de solicitude, e presentalo en cualquier centro de Mutua Gallega acompañado da documentación que nel se indica.

 


Utilizamos cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento de la web y para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí. | OK