Está vostede en:A nosa Mutua / Coberturas / Risco durante o Embarazo

Risco durante o Embarazo

PRESTACIÓN POR RISCO DURANTE O EMBARAZO E DURANTE A LACTACIÓN NATURAL


Dende a publicación da Lei Orgánica 3/2007, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, a Mutua Gallega encárgase da xestión e trámite das prestacións por risco durante o embarazo e a lactación natural de autónomas e traballadoras de empresas afiliadas a esta entidade.

O risco durante o embarazo e a lactación natural son situacións nas que se atopan as traballadoras embarazadas e en período de lactación natural, durante o período de suspensión do contrato de traballo nos supostos que, malia que deben cambiar de posto de traballo por outro compatible co seu estado nos termos previstos no artigo 26.2 e 3 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, ao influír o traballo negativamente na súa saúde, a do feto ou a do lactante, o dito cambio non resulte técnica ou efectivamente posible ou non se poida esixir por motivos xustificados.

Prestación económica: A prestación consistirá nun subsidio equivalente ao 100% da base reguladora correspondente, dacordo co disposto no 
art.34 do RD 295/2009.

Redución da cotización empresarial por continxencias comúns: se a empresa ten unha traballadora exposta a risco durante o embarazo ou lactación natural e a traslada a un posto de traballo exento de risco, pode beneficiarse dunha redución na cota empresarial por continxencias comúns do 50%.

Para a solicitude da prestación, consonte o disposto no R.D. 295/2009, á documentación que se require é a seguinte:


PRESTACIÓN POR RISCO DURANTE O EMBARAZO, DOCUMENTACIÓN:
En primeiro lugar deberá presentar, nalgunha das oficinas de mutua gallega, debidamente cuberta, a solicitude de emisión de certificación médica. Descárguea aquí. Xunto coa solicitude de certificación deberá presentar a seguinte documentación:
  1. Informe médico do facultativo do servizo público de saúde no que faga constar:
    · Tempo de embarazo.
    · Data probable de parto.
    · Situación clínica.
  2. Declaración empresarial ou da traballadora por conta propia sobre o posto de traballo e risco.  Descárguea aquí.
  3. Copia da Avaliación inicial e específica do posto de traballo.
  4. Fotocopia do DNI.
  5. A mutua valorará entón a emisión do certificado médico sobre a situación de risco.Unha vez que a mutua emita o certificado médico de risco poderá solicitar a concesión da prestación por Risco durante o embarazo presentando a seguinte documentación:
  6. Declaración da empresa de suspensión do contrato.   Descárguea aquí.
  7. Solicitude de prestación por risco durante o embarazo.   Descárguea aquí.
  8. Fotocopia do DNI. (En caso de non o presentar con anterioridade).
  9. Certificado de empresa da base de cotización do mes anterior á suspensión do contrato   Descárgueo aquí o boletíns de cotización dos 3 meses anteriores ao cesamento da actividade se vostede é autónoma.
  10. Declaración de situación de actividade (só para as autónomas).   Descárguea aquí.
  11. Modelo 145. de comunicación de datos ao pagador.   Descárgueo aquí.


PRESTACIÓN POR RISCO DURANTE A LACTACIÓN, DOCUMENTACIÓN:
En primeiro lugar deberá presentar, nalgunha das oficinas de mutua gallega, debidamente cuberta, a solicitude de emisión de certificación médica. Descárguea aquí Xunto coa solicitude de certificación deberá presentar a seguinte documentación:
  1. Informe médico do facultativo do servizo público de saúde no que faga constar:· Alimentación do recén nacido. 
  2. Declaración empresarial ou da traballadora por conta propia sobre o posto de traballo e risco.   Descárguea aquí.
  3. Copia da Avaliación inicial e específica do posto de traballo.
  4. Fotocopia do DNI.
  5. Libro de familia.
  6. A mutua valorará entón a emisión do certificado médico sobre a situación de risco.Unha vez que a mutua emita o certificado médico de risco poderá solicitar a concesión da prestación por Risco durante a lactación presentando a seguinte documentación:
  7. Declaración da empresa de suspensión do contrato.   Descárguea aquí.
  8. Solicitude de prestación por risco durante o embarazo.   Descárguea aquí.
  9. Fotocopia do DNI. (En caso de non o presentar con anterioridade).
  10. Certificado de empresa da base de cotización do mes anterior á suspensión do contrato   Descárgueo aquí o boletíns de cotización dos 6 meses anteriores ao cesamento da actividade se vostede é autónoma.
  11. Declaración de situación de actividade (só para as autónomas).   Descárguea aquí.
  12. Modelo 145. de comunicación de datos ao pagador.   Descárgueo aquí.
 


Utilizamos cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento de la web y para mejorar nuestros servicios mediante el anlisis de sus hbitos de navegacin. Si contina navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuracin u obtener ms informacin aqu. | OK