Está vostede en:A nosa Mutua / Mutua Gallega / Órganos de Goberno

Órganos de Goberno

A colaboración de empresas e entidades asociadas na xestión de mutua gallega, divídese nos seguintes órganos de goberno:

XUNTA XERAL DE ASOCIADOS: É o órgano superior de representación e goberno da Mutua, composto por todos os asociados. Estas poden ser Ordinarias e Extraordinarias. As primeiras celébranse unha soa vez ao ano; as segundas sempre que sexan necesarias e por convocatoria especial.

XUNTA DIRECTIVA: É o órgano encargado de dirixir a xestión e administración da Mutua. Celebra, como mínimo, catro reunións ao ano, para recibir información sobre os datos contables, administrativos, financeiros, estatísticos e técnicos, así como para decidir sobre os asuntos que, pola súa importancia, sexan sometidos á súa consideración por calquera membro da Xunta. Compoñentes da Xunta directiva

COMISIÓN DE PRESTACIÓNS ESPECIAIS: Ten ao seu cargo a administración do fondo de Asistencia Social para a concesión de axudas aos traballadores ao servizo das empresas asociadas. Está constituída por tres representantes dos empresarios asociados e tres representantes dos traballadores empregados por aqueles. Presídea o Presidente da Xunta Directiva e actuará como Secretario o Director - Xerente.

COMISIÓN DE CONTROL E SEGUIMENTO: Como órgano de participación institucional no control e seguimento das Mutuas de Accidentes de Traballo, o Ministerio de Traballo e Seguridade Social creou estas Comisións de Control e Seguimento no seo de cada Mutua. Esta comisión, que é paritaria, está composta por unha representación dos traballadores protexidos e outra dos empresarios asociados, cuxo presidente é o mesmo ca o da Mutua. Entre as súas competencias están as de coñecer os criterios de actuación da Mutua, a súa xestión e as propostas de nomeamento do xerente, así como participar na elaboración do anteproxecto de presuposto, informar o proxecto de memoria anual e propoñer medidas para o mellor cumprimento dos fins da Mutua.


Utilizamos cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento de la web y para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí. | OK